Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.887

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (975/1999-4).

Eu, Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, fai saber que, en virtude de dilixencia de ordenación desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado nº 975/1999-4, se lle notifica a José Figueiras Garrido o auto dictado nestes, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Auto. Na Coruña, 12 de novembro de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Promoveu estas actuacións, constitutivas de autos número 95/1999-4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 desta capital, José Figueiras Garrido, en calidade de parte recorrente, contra a Resolución precedente con data do 24 de marzo de 1999, dictada polo director xeral de Traballo da Consellería de Emprego e Asuntos Sociais do Goberno de Canarias e que agora consta, desde logo, referenciada nos autos.

2. Dictouse, xa que logo, aquel precedente proveído que agora consta nas ditas actuacións e outorgóuselle aquel ulterior e correspondente prazo emendatorio por termo de dez días, para o efecto legalmente establecido e, baixo expresa advertencia, en caso de persistir aquela referida omisión unha vez

excedido este, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa noutrora promovida para o efecto.

3. Conta pois, agora, en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado, pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido sen que aquela parte promovente emendase a omisión antes referenciada.

Acórdase: declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo noutrora promovido pola parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpor eventual recurso de apelación no prazo de quince días (15), contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuiz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, Jose Manuel Ramírez Sineiro».

E para que lle sirva de notificación ó recorrente José Figueiras Garrido, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 24 de novembro de 1999.

Pilar Cancela Ramírez de Arellano

Secretaria