Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Escoiras para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 046-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Escoiras coas seguintes características:

Peticionario: Made, Energías Renovables, S.A. O Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Muras (Lugo) e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (615.026,842, 4.818.035,263)V (616.300, 4.816.700)

V (616.300, 4.815.200)V (614.043,423, 4.816.990,545)

V (614.626,842, 4.816.990,545)V (614.626,842, 4.817.290,545)

V (615.026,842, 4.817.290,545)V (615.026,842, 4.818.035,263)

Superficie afectada: 262,03 ha.

Potencia bruta: 17,16 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte

ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 8 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo