Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.814

II.1.1.1: 2,360. II.1.1.3: 0,5.

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 15 de novembro de 1999 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada pola Orde do 6 de setembro de 1999 (DOG nº 189, do 29 de setembro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola orde do 6 de setembro de 1999 (DOG nº 189, do 29 de setembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste

recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Ferreras Díez, Francisco Javier.

NRP: 0969146613A2067.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: facultativo Superior da Xunta de Galicia. Clase de veterinarios oficiais.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Protección da Saúde.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: A Coruña.