Por medio da presente resolución cónvocase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
Obra: A Pontenova-Meira e Ribeira de Piquín.-Mellora curvas C.P. 48-02 de Xinzo polo Navallo a Ponte Soutelo, p.k. 17,200; 17,900; 18,800; 19,100; 20,700 e 21,100.
Orzamento de contrata: 42.102.200.
Prazo de execución: 9 meses.
Clasificación esixida: grupo G), subgrupo 6) e categoría c).
Obra: Monforte-Sober-Pantón e O Saviñao alargamento e mellora C.P. 41-04 de Seguín por Pombeiro ós Peares. Reposición firme C.P. 32-01 de Monforte a Sober.
Orzamento de contrata: 53.697.560.
Prazo de execución: 9 meses.
Clasificación esixida: Grupo G), subgrupo 6) e categoría d).
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación de Lugo.
b) Dependencia : Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Teléfono: 982 25 10 42.
e) Fax: 982 25 10 42.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.
b) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «contido de proposicións».
c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.
1. Entidade: deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes do proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: deputación.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 3 de decembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo.
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo