Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 24 de novembro de 1999, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos de concurso para a adquisición dun proxector de cine de 16 mm para o Teatro Rosalía de Castro.

Obxecto: é obxecto deste concurso a adquisición dun proxector de cine de 16 mm para o Teatro Rosalia de Castro.

Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 2.845.000 ptas., IVE incluído.

Garantías: para optar ó concurso deberá constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas, unha fianza provisional de 56.900 ptas., en calquera das formas autorizadas pola Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/dona... con domicilio en... rúa de... nº... provisto do DNI nº...actuando en nome propio (ou en representación de)..., informado/a do anuncio do concurso para a adquisición dun proxector de cine de 16 mm para o Teatro Rosalía de Castro, así como do prego de condicións regulador da licitación, e aceptando integramente o seu contido e comprometéndome a acatalo, formulo proposición optando á súa adxudicación conforme as seguintes condicións económicas:

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo adxunto.

Data e sinatura do propoñente.».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no Rexistro Xeral de Entrada do IMCE (Avda. Alfonso Molina s/n edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horario de nove a trece horas. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo o día de finalización deste prazo, quedará automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

O presidente

Rubricado