Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.701

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 19 de novembro de 1999 pola que se declara a alleabilidade da parcela que integra o inmoble situado na rúa San Lázaro, 107, termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura (BOE nº 235, do 1 de outubro), ten a titularidade do inmoble situado na rúa San Lázaro, 107, termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña).

O Consorcio de la Ciudad de Santiago de Compostela solicitou da Consellería de Economía e

Facenda a cesión dunha parcela de terreo que forma parte do dito inmoble, para a construcción dunha residencia ou albergue xuvenil de peregrinos.

Mediante Decreto 242/1999, do 29 de xullo (DOG nº 159, do 18 de agosto), desafectouse do dominio público a antedita parcela que forma parte do dito inmoble, logo do informe favorable da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co obxecto de posibilita-la cesión da dita parcela, requírese a previa declaración de alleabilidade, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da antedita lei.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alleabilidade da parcela que se vai segregar da que integra o inmoble situado na rúa San Lázaro, 107, termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña), que se describe como segue:

«Parcela de terreo de 5.580 m de extensión que estrema: norte, predios particulares; sur, predio matriz con edificio da Comunidade Autónoma de Galicia; leste, pista; e oeste, con rúa da Vesada.».

O predio matriz atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1, no tomo 1330, libro 323, folio 140, predio número 30.083, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio J. Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda