Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Pazos, no concello de San Cristovo de Cea. (Expediente IN407A 99/94).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de

instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Localización: concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 775 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. ó C.T. de Biduedo, e final no C.T. aéreo proxectado en Pazos.

-C.T. intemperie, de 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

-R.B.T. aérea de 607 m de lonxitude do C.T. proxectado en Pazos, en conductor R.Z.-0,61/1 kV.

-R.B.T. aérea de 410 m de lonxitude do C.T. existente en Biduedo, en conductor R.V.-0,61/1 kV.

e) Orzamento: 7.681.982 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta Delegación Provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos

ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 2 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/94 Provincia: Ourense

L.M.T., C.T. e R.B.T. PazosTermo municipal: San Cristovo de Cea.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1C. BiduedoLabradíoIrene González CortiñasR/ Xoán XXIII nº 1-2ºC

C.P. 32005 Ourense

19190

2NaveiraLabradíoEva Fernández FernándezR/ Correxidor nº 12-6º

C.P. 32005 Ourense

1128260

3C. BiduedoPraderíaRosa González PérezR/ Juan de Austria nº 3-3º

C.P. 32005 Ourense

112150

4C. BiduedoLabradíoGumersindo Blanco RodríguezPazos, Pereda

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

30150

7CarballizaLabradíoRamona Iglesias FerroBiduedo, Pereda

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

24240

9CarballizaLabradíoInés Gómez CrespoBiduedo nº 13

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

1050

10CarballizaLabradíoBenigno Pérez BravoBiduedo nº 18

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

1470

17LucenzaMonte altoGloria Taboada PugaBiduedo nº 21

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

18448

28LucenzaMonte altoGumersindo Blanco RodríguezPazos, Pereda

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

770

37CubelaLabradíoEsther Fernández FernándezR/ Curros Enríquez nº 16-3º

C.P. 32003 Ourense

10100

37-aCubelaLabradíoGumersindo Blanco RodríguezPazos, Pereda

C.P. 32141 San Cristovo de Cea

860

40CubelaLabradíoEmilio Amor FernándezR/ Alejandro Pedrosa nº 17

C.P. 32001 Ourense

5130300

41CurriñoLabradíoOdilo Alfonso PenaR/ San Isidro nº 9-3º

C.P. 27003 Lugo

51740