Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra E.P. 1102 Meira-Fraga, 1ª fase (Moaña).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 37.000.000 de pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do tipo de licitación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 2 de decembro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado