Obxecto: seguridade e vixilancia do colexio A Milagrosa, H.I. Emilio Romay e C.P.B. Puga Ramón.
Orzamento: 9.346.070 ptas. (56.171,01 euros).
Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 373.843 ptas. (2.246,84 euros).
Prazo de execución: do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2003.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
Clasificación: non se esixe.
Anuncio extenso: BOP.
Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 2 de decembro de 1999.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña