Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Ali-

mentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Farruquiño SAT nº 1033 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Gueimonde-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 37.200.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Exproaga SAT nº 1034 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Cabreiros, s/n-Xermade (Lugo); obxecto social: producción agrícola; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Caminero SAT nº 1035 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Xulián de Cabarcos, nº 9-Barreiros (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 42.900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casabella SAT nº 1036 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Xusto-Ladrido, nº 4-Barreiros (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 75.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Raña SAT nº 1037 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Ludiño-Pereira-Ordes (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 55.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Seoane SAT nº 843 XUGA, na asemblea xeral do 3 de agosto de 1999, acordan por maioría:

a) A alta de dous novos socios e baixa dun socio, sen variación no capital social.

b) Modificación do artigo 2 dos estatutos, establecendo o valor do resgardo en 250.000 ptas., sen variación do capital social fixado en 1.500.000 ptas., representado por 6 resgardos.

c) A elección de nova xunta rectora integrada por: Jesús Seoane Taboada, presidente; Esperanza Taboada Núñez, secretaria e Luisa María Taboada Perianes, vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación A Campiña SAT nº 726 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 1998, acordan por unanimidade:

A alta dun socio e a baixa doutro, sen variación no capital social e nomeamento de nova xunta rectora

integrada por: José Pérez Fernández, presidente; Ricardo Pérez López, secretario e Carmen Vázquez Gay, vocal-tesoureira.

A Sociedade Agraria de Transformación Productores Asociados de Cerceda SAT nº 920 XUGA, na asemblea xeral do 6 de outubro de 1999, acordan por unanimidade:

a) Modificación do artigo 2 dos estatutos, establecendo o valor do resgardo en 1.000 ptas., que por 600 resgardos mantén sen variación o capital social establecido en 600.000 ptas.

b) A baixa de 5 socios sen variación no capital social, quedando especificada a participación dos socios integrantes.

c) A elección de nova xunta rectora integrada por: Manuel Rodríguez Muíño, presidente; Teodoro Candal Becerra, secretario; Carmen Guillermo Rodríguez, Mª Argentina Lois Muíño, Mª del Carmen Lois Muíño, Adelina Fuentes Boquete e Daniel Mareque Seoane, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Novas SAT nº 1021 XUGA, na asemblea xeral do 28 de xullo de 1999, acordan por unanimidade:

A admisión dun socio producindo un aumento do capital social, pasando de 60.000.000 de ptas., a un definitivo capital social de 80.000.000 de ptas., en 800 títulos ou resgardos nominativos de 100.000 ptas. cada un.

Baixa provisional de:

A Sociedade Agraria de Transformación Estraflor SAT nº 661 XUGA, por mandamento do 15 de xuño de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación Teixeira Flor SAT nº 818 XUGA, por mandamento do 22 de xuño de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación Expofor SAT nº 709 XUGA, por mandamento do 19 de agosto de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación Visalgo SAT nº 668 XUGA, por mandamento do 19 de agosto de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación