Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Pumadiño-Vilariño.
Situación: A Pobra do Caramiñal.
Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.285 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pumadiño (expediente 31916) e discorrendo polos lugares de Pumadiño, a Canliña, Casas e Vilariño de 150 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ouxo e discorrendo polo lugar. A Pobra do Caramiñal.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 2 de novembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña