Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por acto presunto, o 22 de outubro de 1999, o estudio de detalle da parcela denominada Praias o Camelo sita en San Vicente do Mar, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Antonio Aguin García e outros.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente está á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou ós que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 2 de decembro de 1999.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde