Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.522

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO TOGADO MILITAR TERRITORIAL NÚMERO CORENTA E UN DA CORUÑA

REQUISITORIA (41/25/1999).

O comandante auditor José Alfredo Fernández Pérez, titular do Xulgado Togado Militar Territorial número 41 da Coruña, fai saber que:

Por medio desta requisitoria e nas dilixencias preparatorias número 41/25/1999, instruídas por presunto delicto de abandono de destino, cítase e chámase o soldado ET (MR) José Ramón García Louzao, fillo de José Manuel e María Isabel, nacido o 23-9-1978, co DNI nº 79.329.459, para que no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de que esta requisitoria apareza inserida neste boletín oficial, compareza perante este Xulgado Togado Militar Territorial 41, sito na Coruña, praciña número de San Domingos, 18, acuartelamento de San Domingos, baixo apercibimento de ser declarado rebelde.

Ó mesmo tempo, prégolles e encárgolles a tódalas autoridades e forzas de seguridade que, tan pronto como teñan coñecemento do paradoiro do referido inculpado, procedan á súa captura e posta á disposición deste órgano xudicial.

A Coruña, 17 de novembro de 1999.

O comandante auditor-xuíz togado

Rubricado