A Comisión de Goberno, en sesión do día 27 de outubro de 1999, aprobou a adxudicación mediante concurso para a adquisición de material de oficina para os diferentes servicios municipais durante o ano 2000; polo presente anúnciase a licitación consonte ás seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a adquisicón de material de oficina, lote 1 (material de escritura, accesorios e complementos, material de arquivo e clasificación, material de papelería), lote 2 (papel) e lote 3 (material de imprenta).
b) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega, nas instalacións municipais, será de 48 horas desde a súa petición polo Negociado de Contratación, coa excepción do material de imprenta, que será entregado nun prazo máximo de 7 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: será o resultado de aplicarlle ó material efectivamente subministrado durante o ano 2000 os prezos unitarios ofrecidos polo adxudicatario, cos descontos que correspondan conforme a súa oferta.
5. Garantías.
Provisional: 50.000 pesetas por cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se realice con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 28 outubro de 1999.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente-alcalde delegado da Área