Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Paco IV.
Cultivo: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: Portonovo B, cuadrícula 26.
Data da concesión: 3-2-1955.
Data na que remata a última prórroga: 16-3-2005.
Anterior concesionario: Marina Muñiz Rial, DNI 35.128.790-Q; Ramón Manuel Rodríguez Cagide, DNI 35.199.294-W.
Novo titular da concesión: Javier Rodríguez Muñiz, DNI 35.308.358-T.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Pontevedra, 25 de outubro de 1999.
Rosa Mª Quintana Carballo
(P.D. Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24)
Delegada territorial de Vigo