Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T. derivación Belesar, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 108/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que por resolución desta delegación de data do 14-1-1999 a dita instalación foi declarada de utilidade pública e leva implícita a urxente ocupación ó abeiro do establecido no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e que o día 21 de decembro de 1999, a partir das 11 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Baiona, sinalados cos números:

Predios: 3-19.

Hora: 11.

Día: 21-12-1999.

Así mesmo os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 9 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 108/1998 A.T.Provincia: Pontevedra

Termo municipal: Baiona

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3LagoeiroPradoDavid Domínguez Álvarezr/ Ecuador, 66-4º D, 36203 Vigo10100

4LagoeiroPradoManuel Martínez GiráldezCño. de Treguido, 1, 36300 Urgal-Baiona11110

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6Campo AbalLabradíoAmérica Garvin GiráldezAvenida Dr. Fariña, 34, 36393 Sabarís-Baiona19180

7LagoeiroPradoMª Iberia Dacuña MartínezAvda. Alexandre Bóveda, 100, 36980 O Grove224

9Campo AbalMonte baixoHros. Manuel Rodríguez TáboasMonteiro, 21, 36378 Borreiros-Gondomar24240

11Campo AbalLabradíoDescoñecido. Rpta. fiscal Audiencia Prov.r/ Salvador Moreno, 11, Pontevedra14200

14PereirasPradoMaximino Longres BarciaBarreiras, 3, 36388 Donas-Gondomar21210

16As PereirasPradoMª Asunción Misa Glez.Medialdea, 26, 36300 Belesar-Baiona65

18PereirasLabradíoAlberto Martín BarciaAvda. Dr. Fariña, 34, 36393 Sabarís-Baiona10

19BarrocaMonte baixoFernando Iglesias Silveirar/ Baiona, 15, 36340 Panxón-Nigrán90850