Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o expediente O-0196/99, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Publicidad Exterior Gapex, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos Benito Corbal, nº 6-1º D-Pontevedra, resolución do recurso sancionador número O-0196/99, interposto por Publicidad Exterior Gapex, S.L., contra o expediente referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola colocación dun cartel publicitario visible desde a zona de dominio público da estrada VRG-41 Curro-Sanxenxo-p.k. 17,3000, rotonda coa PO-304, marxe dereita, por entender que tales actuacións constitúen unha infracción moi grave á Lei de estradas de Galicia; da que a súa parte dispositiva di:

Un.-Declarar a Publicidad Exterior Gapex, S.L., responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.4º g) LEG.

Dous.-Impoñerlle sanción de multa de duascentas mil pesetas (200.000).

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción, nun prazo de 15 días desde a notificación da presente resolución (artículo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artículo 47.4º LEG), e a posibilidade de proceder á execución subsidiaria por conta do causante.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda