Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. variante vía rápida.
Situación: O Grove.
Descricións técnicas: tramo I-L.M.T., aérea, a 20 kV, de 238 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde un apoio da L.M.T. Sanxenxo a ta o apoio 2 desta liña proxecta. Tramo II-L.M.T., aérea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. O Grove, ata o apoio 2 da L.M.T. proxectada no tramo I. Concello do Grove.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do
Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 14 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra