Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.339

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de novembro de 1999 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar.

Por Orde do 7 de setembro de 1999 (DOG do 16) convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión celebrada o día 2 de novembro de 1999, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto sétimo da orde de convocatoria facéndose un único pagamento, sempre que o beneficiario xustifique o total da axuda, con anterioridade ó 15 de decembro de 1999.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

ANEXO I

Concello da Fonsagrada: 1.164.135 ptas.

Concello de Sarria: 2.478.865 ptas.