Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.328

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 6 de outubro de 1999, da Delegación de Zaragoza, de notificación de providencia de constrinximento (expediente 1997/973282).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (na súa redacción dada polo artigo 28.un da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social), e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notifica-los actos, dos que o interesado, expediente e procedemento se especifican na relación adxunta, e correspondentes a procedementos de constrinximento en fase executiva de notificacións de providencia de constrinximento, da tramitación da cal o órgano responsable é a Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios indicados na relación que se xunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, nesta Unidade de Recadación da Delegación da AEAT de Zaragoza para o efecto de practica-la notificación do acto citado.

Lugar de comparecencia: Delegación da AEAT de Zaragoza, r/Albareda 16, planta baixa, mostrador 11.

Así mesmo, advírteselles ós interesados de que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o seguinte día ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Zaragoza, 6 de outubro de 1999.

Jorge Puyuelo Gros

Xefe da Dependencia de Recadación de Zaragoza

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

44.453.415G

González Dopazo José Miguel

Avd. Tenor Fleta, 112; 10-Esq.

Zaragoza

Sanción Exp.: 1997/973282C110009932004687028.56615-6-1999