Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Baixada á Gándara.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: variante L.M.T., aérea, a 15 kV, de 68 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde o apoio da L.M.T. D/C BAL 706 e 708, ata o apoio 36 da mesma liña, concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta presente resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 14 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra