Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/415-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: modificado I subestación Redondela-Os Valos.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 551 m de lonxitude, desde o apoio proxectado nº 1 onde enlaza coa L.M.T.S. procedente da subestación Redondela ata o apoio existente nº 8. L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 1.246 m de lonxitude, desde o apoio proxectado nº 1 onde enlaza coa L.M.T.S. procedente da subestación de Redondela ata o C. Secc. Redondela. L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 5.470 m de lonxitude, desde o apoio

nº1 onde se realiza a derivación a Rande ata o apoio nº 17 existente xunto á subestación Redondela. L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 470 m de lonxitude, desde a subestación Redondela ata o apoio proxectado nº 1 onde enlaza coa L.M.T.A proxectada subestación Redondela-Cedeira. L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 645 m de lonxitude, desde a subestación Redondela ata o apoio proxectado nº 1 desde onde continúa a L.M.T. aérea. L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 336 m de lonxitude, desde o apoio que se vai colocar tipo C-4500/22 na L.M.T.A Cidadelle-Angorén, ata o apoio que se vai colocar tipo C-7000/16 na mesma liña. Toda a instalación está situada no concello de Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra