Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 03 de decembro de 1999 Páx. 14.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

1. Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

2. Plazo de execución: un ano.

3. Orzamento de licitación: 310.000.000 millóns de pesetas (1.863.137,52) euros.

4. Fianza provisional: 6.200.000 pesetas (37.262,75 euros).

5. Fianza definitiva: 12.400.000 ptas. (74.525,50 euros).

6. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia

e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 22 de xaneiro do ano 2000.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 26 de xaneiro de 2000.

10. Este anuncio envíase ó DOCE o día 2 de decembro de 1999.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública