Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.251

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DOS ANCARES

BASES da convocatoria da praza de xerente da fundación.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca dos Ancares o día 28 de xuño de 1999, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións que deberá realiza-lo xerente da fundación estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada Santiago-Noia km 3. A Barcia (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 54 26 08.

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Acreditar grao de licenciado ou equivalente.

II. Coñecementos que se requiren:

a) Coñecementos específicos:

-As regulacións e normativas legais que afectan ó modelo de desenvolvemento comarcal.

-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.

-Xestión e coñecemento de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.

-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Estructura social e económica da Comarca dos Ancares.

b) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os coñecementos, a titulación requirida, méritos e experiencia profesional.

-Solicitude dirixida ó presidente da fundación, segundo anexo I.

IV. Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, situada na estrada Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Comisión de selección:

A Comisión de selección estará formada polos siguintes membros:

Presidente: Andrés Precedo Ledo, presidente do Padroado da Fundación.

Secretario: Vicente Flores González, vicepresidente do Padroado da Fundación.

Vocais:

José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da SDC.

José Figueroa Dávila, xefe Acción Comarcal da SDC.

Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación e Estudios da SDC.

VI. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, se é o caso; establecerase un prazo de cinco días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixarase o lugar e a data de realización da proba de coñecementos. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Proba escrita tipo test de coñecementos específicos sobre os contidos que se recollen no punto II a). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba que

darán automaticamente eliminados. Os 5 candidatos que acaden maior puntuación na proba escrita serán convocados á proba oral.

b) Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos segundo a temática que se recolle nos puntos II.a e II.b destas bases. Os candidatos convocados deberán responder, durante un máximo de 30 minutos, as preguntas que, sobre os citados contidos, lles sexan formuladas polos membros da comisión de selección. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 5 puntos.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos, con indicación expresa do candidato seleccionado.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca dos Ancares

ANEXO I

D./Dna. , con DNI ,

en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación dos Ancares,

Solicita:

Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca dos Ancares mediante anuncio público desta fundación no DOG nº ... con data do ........ . Para tal fin xúntase documentación conforme ó recollido nas bases da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, ... de ...... de 1999.

Asdo.: