Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-115/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Pontevedra, 27 de outubro de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-115/99-PO.

Denunciado: José Carlos Vila Burgo.

Último enderezo coñecido: Entenza-Castelo-Salceda de Caselas (Pontevedra).

Feito denunciado: falta inscrición e desinfección do vehículo, e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 3-9-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 52.4º, 52.2º e 217.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 224 e 217.3º do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 15.000 pesetas, segundo o artigo 224, e de 10.000 pesetas segundo o artigo 217.3º.