Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 29191).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Ada. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: modificado C.T. Casino.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: modificado en centro de transformación, denominado Casino de 2x800 kVA, consistente en substituír celas de entrada e saída de liñas de media tensión a 15 kV e celas de protección denominadas Banco Granada e Mantelería. A Coruña

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña