Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Roupeiro 4.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. TRO 713 á altura do cruzamento das rúas García Barbón e Roupeiro, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Roupeiro 4, concello de Vigo, remantando na mesma liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380-220 V. R.B.T., subterránea, de 215 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 15 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra