Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/109-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rozada-Coiro.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 63 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se vai colocar na L.M.T. ó C.T. grupo escolar Rozada ata o apoio 9 da mesma liña, e 80 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 8 da L.M.T. ó C.T. grupo escolar Rozada ata o C.T. que se proxecta en Rozada-Coiro, concello de Cangas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 635 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 15 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra