Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2604; XG-267, Betanzos-Casal de Arriba, con anexos, por substitución da concesión: V-2604; XG-267, entre Betanzos e Torres, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 23 de setembro de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Rivas, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2604; XG-267, Betanzos-Casal de Arriba, con anexos, por substitución da concesión: V-2604: XG-267, entre

Betanzos e Torres, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada.

* Betanzos, empalme N-VI/estrada deputación, Tiobre, Vilouzás, Ponte Ribeira, Vilamateo, Barbeita, Día Tres, Vilamaior, Torres, Fraga, Penedo, Vilachá e Casal de Arriba.

* Vilamateo, Cal de Ambroa e A Viña.

* Ponte Ribeira, Viñas e Ponte do Porco.

Prohibicións de tráfico.

* De e entre Betanzos e o cruzamento da estrada N-VI coa estrada da deputación e viceversa.

* De e entre Casal de Arriba e o Día Tres, puntos intermedios e viceversa.

* Da Viña para Betanzos, e viceversa.

* De Ponte do Porco para Betanzos, e viceversa.

Expedicións.

Betanzos-Ponte Ribeira-Vilamateo-Barbeita-Día tres-Fraga-Casal de Arriba (27,5 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados.

* Unha expedición de ida e volta os días 1 e 16 de cada mes.

A Viña-Vilamateo-Ponte Ribeira-Ponte do Porco -Ponte Ribeira-Betanzos (33,3 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta os días 1 e 16 de cada mes.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 7,3812 pesetas.

-Tarifa usuario: 7,8979 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,1072 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes