O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: adquisición de moblaxe clínica con destino ó Hospital Nicolás Peña de Pontevedra (9 lotes).
Orzamento: dezasete millóns oitocentas cincuenta e nove mil novecentas pesetas, IVE incluído. (17.859.900 ptas. IVE incluído), quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 (107.340,16 euros).
Exercicio con cargo ó cal se tramita: posterior, quedando sometida a adxudicación do contrato á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado do contrato no citado exercicio, de acordo co disposto no artigo 70.4º da LCAP.
Lote 1. Guindastre de doentes: 1.200.000 ptas.
Lote 2. Dotación mortuorio: 2.400.000 ptas.
Lote 3. Angarellas de exploración: 884.000 ptas.
Lote 4. Carros para diversos servicios: 2.030.000 ptas.
Lote 5. Moblaxe rehabilitación: 1.670.100 ptas.
Lote 6. Dotación de farmacia: 2.550.000 ptas.
Lote 7. Moblaxe clínica de diversos servicios: 5.029.800 ptas.
Lote 8. Cortina de separación de doentes: 1.196.000 ptas.
Lote 9. Cadeira de brazos reclinable: 900.000 ptas.
Garantía provisional:
Lote 1: 24.000 ptas.
Lote 2: 48.000 ptas.
Lote 3: 17.680 ptas.
Lote 4: 40.600 ptas.
Lote 5: 33.402 ptas.
Lote 6: 51.000 ptas.
Lote 7: 100.596 ptas.
Lote 8: 23.920 ptas.
Lote 9: 18.000 ptas.
Ver resumo do prego de prescricións técnicas (ver anexo III).
Forma de adxudicación: concurso público, por procedemento aberto anticipado de gasto, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do 2000.
Admisión de variantes: admítense a presentación de variantes.
Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, de acordo coa directiva 89/336CE ou 93/42CE xunto co número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).
No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.
Criterios de adxudicación:
1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía etc: ata 50 puntos.
2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo: ata 25 puntos.
3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.
4. Outros valores engadidos: (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas etc.): ata 10 puntos.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos