Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 01 de decembro de 1999 Páx. 14.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación, con trámite de expediente anticipado de gasto, dunha asistencia técnica para a publicación en soporte de CD-ROM do Diario Oficial de Galicia dos anos 1996, 1997, 1998 e 1999.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica, mediante concurso aberto e como expediente anticipado de gasto, para a publicación, en soporte de CD-ROM, do Diario Oficial de Galicia dos anos 1996, 1997, 1998 e 1999.

Orzamento de licitación: 4.000.000 de pesetas (24.040,484 euros), IVE incluído.

Garantía provisional: 80.000 pesetas (480,80 euros).

Garantía definitiva: 160.000 pesetas (961,60 euros).

Prazo de execución: dous meses.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I do prego de cláusulas administrativas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 27 de decembro de 1999.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 29 de decembro de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública