Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (360/1999).

Anúnciase que, de conformidade co establecido no artigo 133 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de Galicia, con data do 29 de outubro deste ano a xunta de delegados acordou:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 1 do SU-7 do PXOU de Ourense, polígono de Portocarreiro.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de novembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde