Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/111-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 171. 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Reboredo e Cabanude.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea de 1165 m en conductor LA-56 que parte da L.M.T. San Crimenxo-Paxareiras e termo no C.T. Reboredo de 50 kVA. Ramal aéreo de 45 m que parte no apoio nº 4 da L.M.T. anterior e final no C.T. Cabanude D e 50 kVA. Redes BB.TT. dos CC.TT. anteriores. Concello de Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 26 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña