Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamento ou fraccionamento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Hernández Hernández, José Carlos).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de concesión de aprazamento ou fraccionamento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra e aplicación dos artigos 82, 83 e 84 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns aprobado polo Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte o da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de outubro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Hernández Hernández, José Carlos

DNI: 76.834.037

A Ribeira, 142 - Meira

Moaña (Pontevedra)

Imposto de sucesións e doazóns.

Expediente: 252/1997

Liq.: 002970003343