Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.060

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos, así como a adxudicación provisional dos postos solicitados na primeira fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (DOG número 135, do 15 de xullo).

Elevada proposta pola comisión de valoración encargada de barema-los méritos alegados polos participantes na primeira fase do concurso para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado por Orde do 29 de xuño de 1999

(DOG nº 135, do 15 de xullo) e de conformidade co establecido na base novena da citada orde, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos participantes admitidos para cada un dos postos solicitados, así como a adxudicación provisional dos devanditos postos.

Estas relacións atoparanse expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública; Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria; Sanidade e Servicios Sociais e Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como nos das respectivas delegacións provinciais das ditas consellerías, nos das direccións provinciais do Sergas, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, na Oficina de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Delegación Territorial de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-De conformidade co establecido na base novena 1 da dita Orde do 29 de xuño de 1999, contra esta resolución os interesados poderán formular reclamación no prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública