Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de catro días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación, por procedemento aberto e de concurso, para a concesión do Servicio de Gardería Municipal, polo procedemento de urxencia, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar, por procedemento aberto e de concurso, do Servicio de Gardería Municipal. O prazo de recepción de solicitudes de participación é de trece días naturais, contados a partir da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos, no BOP e no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, a licitación aprazarase de presentárense reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: concesión do Servicio de Gardería Municipal.

Prazo: a concesión obxecto deste concurso terá unha duración de 8 anos.

Presentación de proposicións: na Secretaría da Corporación, de 9 a 12 horas, en día hábiles.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde