Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día 5 do actual, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras de construcción de piscinas municipais nos Carrís (A Valenzá), con rectificación de erro material segundo anuncio publicado no BOP do día da data, con orzamento de 70.000.000 de ptas., prazo de execución de 6 meses e clasificación esixida C.2.d e C.9.d, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presen

tación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 18 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado