O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:
1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde Valle Inclán de Ourense.
2. Orzamento máximo anual: 3.300.000 ptas. (IVE incluído).
3. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente.
4. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.
5. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
6. Garantías:
-Provisional: 2% do orzamento de licitación (66.000 ptas.).
-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (132.000 ptas.).
7. Clasificación: non se esixe.
8. Criterios de adxudicación:
-Número de horas de limpeza: 40%.
-Plan de execución do traballo, medios auxiliares e experiencia: 30%.
-Oferta económica: 30%.
9. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos medios indicados no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
10. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios indicados no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
11. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avda. de Zamora, 13-5º andar, 32005-Ourense, teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.
12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
13. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.
14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 16 de novembro de 1999.
José F. Troncoso Casares
Director xerente de Atención Primaria de Ourense