Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de diverso material informático para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración de diverso material informático, consistente en 16 ordenadores persoais e 11 impresoras.

b) Lugar de entrega: o que se fixe no contrato que se vai subscribir.

c) Prazo de entrega: un mes a partir da data da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: cinco millóns cento cincuenta mil pesetas (5.150.000).

Garantía provisional: non se esixe, en virtude do artigo 36.2º da Lei 13/1995.

Garantía definitiva: dúas centas seis mil pesetas (206.000).

7. Documentación de interese para os licitadores: poderá examinarse en días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

8. Presentación de proposicións:

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: admítense variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas, do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste Diario Oficial de Galicia. No caso de que o citado día sexa inhábil, o prazo remataría ás 14 horas do seguinte día hábil.

d) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

9. Apertura das proposicións:

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

b) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. No caso de que o citado día sexa inhábil, o acto público de apertura das proposición trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Ó amparo do previsto nos artigos 82 e 89 da Lei de contratos das administracións públicas, e do artigo 22 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, a mesa do concurso examinará previamente a documentación xeral (sobre A) correspondente ós licitadores e, se como resultado da cualificación dos documentos, a mesa do concurso observase defectos materiais susceptibles de emendar, así o fará saber mediante anuncio que se publicará no taboleiro de anuncios de Augas de Galicia, concedendo o prazo que corresponda para a súa emenda.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia