Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave 92128015 e dúas máis.

Por Resolución do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciouse o citado concurso, procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o delegado resolveu adxudicárlle-las asistencias técnicas ás seguintes empresas:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos cor e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Nogueira (Meis-Pontevedra).

-Clave: 92128015.

-Empresa: Nortagro, S.L.

-Orzamento: 48.794.988 pesetas.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos cor e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Lois Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra).

-Clave: 92146016.

-Empresa: Eido Ingenieros, S.A. e Stereocarto, S.L. (UTE).

-Orzamento: 61.700.000 pesetas.

3. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos cor e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Vilariño (1º sector) (Cambados-Pontevedra).

-Clave: 92106017.

-Empresa: Cotiasa, S.L. e Toponor, S.A. (UTE).

-Orzamento: 23.874.687 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Pontevedra, 1 de setembro de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra