Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/222-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: C.T. 25 kVA Gabeteira, Coque, Larín.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo aéreo de 25 kVA a 15/20 kV, que se instalará no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. Coque, denominado Gabeteira Larín. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña