Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 13.999

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas de obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade, convocadas por Resolución do 25 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se establece o horario das probas e se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

De conformidade co establecido na base quinta, punto 2 da Resolución do 25 de novembro pola que se convocaban probas para a obtención do certificado CE de conselleiro de seguridade,

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Anuncia-la exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, a partir do 29 de novembro, de conformidade coa base quinta, punto 2 da Resolución do 25 de outubro de 1999 (DOG nº 210, do 29 de outubro), nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Segundo.-Establécese o horario das probas do seguinte modo:

Data: 4 de decembro de 1999.

Lugar: Palacio de Congresos de Galicia, Avda. de San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela.

As portas de entrada á sala onde terán lugar os exercicios, abriranse 30 minutos antes de cada un deles, procedéndose ó seu peche ó comezo destes á hora indicada.

Modalidade por estrada.

Aspirantes ás 5 clases: 9.30 horas.

Clase 1: 9.30 horas.

Clase 2: 16.00 horas.

Clase 7: 11.30 horas.

Clase 3 e máis: 18.00 horas.

Mat. Liqu. nº 1202-1203 y 1223.

Modalidade por ferrocarril.

Aspirantes ás 5 clases: 11.30 horas.

Clase 1: 11.30 horas.

Clase 2: 16.00 horas.

Clase 7: 18.00 horas.

Clase 3 y máis: 11.30 horas.

Mat. Liqu. nº 1202-1203 y 1223: 16.00 horas.

Terceiro.-Quedan suspendidas as probas por vía navegable.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal