Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 8 de outubro do ano que corre, o estudio de detalle nº 2 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se consideren oportunas.

Insírese este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia; o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 18 de outubro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde