Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle da UE II-08 A Coruña. (Expediente 4960/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da UE II-08 A Coruña, presentado por Hijos de Ismael Rodríguez, S.L., redactado polo arquitecto Roberto Rodríguez Macías e visado polo COAG en data do 28 de setembro de 1999.

Contra o devandito acordo que pon fín á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidOs, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 17 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo