Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Decreto do Consello da Xunta de Galicia 228/1999, do 15 de xullo, declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación para a ampliación e mellora de infraestructuras de abastecemento e saneamento en Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para compareceren no lugar, data e hora que se detallan, con fin de redacta-las actas previas á ocupación.

Día 14 e 15 de decembro.

Lugar: local do campo de fútbol da Barrosa. Villestro-Roxos.

Día 14 de decembro de 1999 ás 10 horas: da parcela número 1 á número 5.

Día 14 de decembro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela número 6 á número 10.

Día 14 de decembro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela número 11 á número 15.

Día 14 de decembro de 1999 ás 10.45 horas: da parcela número 16 á número 20.

Día 14 de decembro de 1999 ás 11 horas: da parcela número 21 á número 25.

Día 15 de decembro de 1999 ás 10 horas: da parcela número 26 á número 30.

Día 15 de decembro de 1999 ás 10.15 horas: da parcela número 31 á número 35.

Día 15 de decembro de 1999 ás 10.30 horas: da parcela número 36 á número 42.

Día 16 de decembro ás 10 horas.

Lugar: local social. Rúa da Virxe de Fátima, s/n (campo da festa). Outeiro. O Castiñeiriño.

Parcelas 1 e 2.

Día 17 de decembro ás 10 horas.

Lugar: Centro Sociocultural de Vite. Rúa de Carlos Maside s/n.

Parcela 1.

A este acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e o documento nacional de identidade. Poden asitir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde