1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: contratación dun servicio para o desenvolvemento dunha memoria de actividades da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, durante o ano 1999, así como dun anexo en separata dela, relativo a unha memoria do Plan Xeral de Inspección de 1999.
2.2. Prazo de execución: tres meses, desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000), IVE incluído.
5. Fianza provisional:
2% do orzamento da contrata: cincuenta e seis mil pesetas (56.000).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento da contrata: cento doce mil pesetas (112.000).
7. Documentación e información:
7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2.
7.2. Información: teléfono 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó
da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8.4. Variantes: non se admitirán.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio:
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente