Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Casa da Xuventude (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 41/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización do servicio de limpeza.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Casa da Xuventude.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2000, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.300.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono: 988 38 60 96.

e) Telefax: 988 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 11.30.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 18 de novembro de 1999.

P.D. (Decreto 488/1997, do 26 de decembro)

José Sotelo Presas

Delegado provincial accidental de Ourense