Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Deva para os efectos de presentación de solicitudes en competencia.

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Deva coas seguintes características:

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, Galeras, 17-piso 3-oficina 4, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos da Cañiza, Covelo (Pontevedra) e Melón (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(559.000, 4.682.000); V(560.000, 4.676.000); V(562.000, 4.676.000); V(562.000, 4.678.500); V(560.925, 4.678.500); V(560.925, 4.680.000); V(561.850, 4.680.000); V(561.850, 4.681.075); V(560.000, 4.682.000).

Superficie afectada: 557,5 ha.

Potencia bruta: 49,2 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria