Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/238-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Avda. Portiño.

Situación: Oroso.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 930 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que entronca na L.M.T. aérea Santiago-Ordes e pasa polo centro de distribución prefabricado Avda. do Portiño e final no C.T. Avda. Portiño, de 400 kVA. Concello de Oroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña