Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/126-2, 5195 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Abeleira, Bueiro, Locencia (Guitiriz).

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 107 metros de lonxitude. Liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 292 metros de lonxitude. Dous centros de transformación de 50 kVA e relación 15.000/380-220 V. Redes de baixa tensión de 2.365 metros de lonxitude en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo